← Volver atrás

Hervada García-Sampedro, Francisco

Alcume: Pancho Hervada
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 01/01/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante. Casou o 24/10/1936 en Cambre (A Coruña) con María Carnicero Barbadillo. Veciños da Coruña. O día 15/03/1934 fundou e era propietario de Radio Coruña na rúa Fontán, a primeira emisora de radio da Coruña e a número 41 de toda España, que inaugurou o entón alcalde Alfredo Suárez Ferrín. Xestionaba a sede na Coruña da consignataria de buques Lloyd desde 1914. No ano 1927 era consul de Colombia e de Grecia na Coruña. Desenvolveuse en importantes sectores económicos.

En abril de 1933 era vogal da xunta directiva da Asociaición Patronal coruñesa.

Falanxista.

Represor.

Desde os primeiros momentos rebeldes puso todo o que tiña a disposición dos golpistas; era coronel honorario da Garda Civil. Recibiu dos franquistas varias condecoracións.

Florentino González Vallés, delegado de Orde Pública na Coruña, adicouse a confiscar os bens dos represaliados. Todo o incautado entregouse en depósito ao xefe de requisas de Falanxe, Francisco Hervada García-Sampedro, Pancho Hervada, na Praza de Touros da Coruña. Os libros remataron na Biblioteca Pública da rúa Panadeiras e moitos queimáronse despois na Dársena coruñesa.

Varias fontes asóciano co asasinato de varios republicanos; esta información está sen verificar.

As familias de asasinados e depurados tamén sufriron incautacións como pago polas responsabilidades civís. Cando eran declarados culpables, ademais da pena física, impoñíaselles unha sanción económica; se non a pagaban incautábanse os bens que logo ían a poxa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha