← Volver atrás

Hierro Martínez, Rafael

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 01/01/1965 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 43 anos. Xeneral de Infantería.

Represor.

Xefe provincial do Movimiento e gobernador Civil da Coruña do verán de 1949 ao verán de 1951.

Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, morreu o día 31/10/1949, con sete compañeiros, en Pazos, San Fiz de Monfero, Monfero (A Coruña), diante dun gran despregue das forzas policiais baixo o mando do tenente coronel Juan Luque Arenas. Alí estaba tamén o gobernador civil, Rafael Hierro Martínez, para favorecerse da propaganda da acción.

Josefa Andrade Pérez, Pepiña, filla de Benigno Andrade García, Foucellas, chegou a implorarlle para que a Garda Civil deixase á súa familia en paz; el prometeullo ao vela chorar, pero as cousas seguiron igual.

Home duro, abandonou o cargo cando considerou rematada a pacificación e para que o nomearan secretario xeral da Dirección Xeral de Seguridade, posto que desenvolveu de 1951 a 1957; acadaría o cargo de director xeral de Seguridade. Sucedeuno Carlos Arias Navarro.

En decembro de 1961 pasárono á reserva.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha