← Volver atrás

Ibárruri Gómez, Dolores

Alcume: a Pasionaria
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

Gallarta, Abanto e Ciérvana
(Biscaia)
- 09/12/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 12/11/1989 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Política, 41 anos. En 1916 casou co mineiro socialista Julián Ruíz Gaviña. Deixara os estudos de Maxisterio por razóns económicas familiares e traballou de modista e criada.

Militante e deputada do PCE na II República pola circunscrición de Oviedo (Principado de Asturias); obtivo acta en febreiro de 1936. Vicepresidenta das Cortes españolas en 1937.

Exiliada.

O día 5 de marzo prodúcese o golpe de Estado do coronel Segismundo Casado López e, o día 6, Jesús Monzón Reparaz abandona España cara Orán (Alxeria), nun avión no que tamén ía Dolores Ibárruri Gómez.

Despois da guerra civil exiliouse en Rusia e nomeárona secretaria xeral do PCE no ano 1942, cargo que defendeu ata o ano 1960, cando a sucedeu Santiago-José Carrillo Solares.

José Díaz Ramos anterior secretario xeral do PCE, por mor da súa enfermidade, trasladouse a Tiflis en 1938 e suicidouse porque non aguantaba as dores que lle producía a doenza; guindouse por unha fiestra. Despois da súa morte, Dolores Ibárruri asumiría o liderado do PCE.

A finais de 1948 mantivo unha reunión con Iosif Stalin para analizar a situación española; nesta reunión tamén compareceron Santiago-José Carrillo Solares e Francisco Antón Sanz, co que Dolores mantiña unha relación sentimental.

No ano 1977 regresou a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha