Nacemento:
Morte:
Político, 27 anos. Empregado da Compañía de los Caminos de Hierro del Norte.
Ingresou no PCE en 1930.
Exiliado. Encarcerado.
Cando comeza a guerra civil era secretario do Comité Provincial do PCE en Madrid. En 1937 era comisario político do Exército do Centro ás ordes do xeneral José Miaja Menant. Cando o ministro de Defensa Nacional, Indalecio Prieto Tuero, decretou que os comisarios políticos debían incorporarse á fronte (cousa que Antón Sanz non asumía), pasou a ser axudante do xeneral Vicente Rojo Lluch.
Ao rematar a contenda exiliouse en Francia e seguiu traballando para a dirección do PCE; cando outros dirixentes abandonaron o país galo por mor da invasión nazi, Francisco quedou á fronte do partido nese país. Ao ser ilegalizado o partido en Francia prendérono e enviárono ao campo de internamento de Vernet d'Ariège (Mediodía-Pireneos, Francia), do que puido saír pola mediación das autoridades soviéticas e marchou cara Rusia.
Aliñouse coas posicións de Dolores Ibárruri Gómez, coa que mantiña unha relación sentimental, e enviárono a México en 1943 para manter a disciplina de partido. Despois da liberación de Francia volveu a este país para dirixir o partido con Santiago-José Carrillo Solares. Formou parte do Buró Político de 1945 a 1953.
En 1948 acompañou a Dolores Ibárruri e a Santiago Carrillo a Rusia, para entrevistarse con Iosif Stalin.
Caeu en desgracia nos cincuenta e enviárono coa súa familia a Polonia, onde pasou penalidades.
Rehabilitado no partido no ano 1957.
Baixo a dirección de Dolores Ibárruri encargouse de organizar Radio Española Independente (Radio Pirenaica), que comezou a emitir o día 22/07/1941 e rematou as súas emisións o día 14/07/1977; primeiro emitía desde Rusia e despois de 1955 desde Romanía.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.