← Volver atrás

Iturralde Cabeza de Vaca, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Valladolid
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 10/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e anarcosindicalista, 40 anos. Casado. Veciño de Ferrol. En 1920 coñeceu á que sería a súa muller, Marina Ochotorena, deixando a carreira de Medicina, na que levaba tres anos, e ingresou como Oficial no Corpo de Telégrafos. Pasou por varios destinos en España, en 1923-1924 estivo na Coruña. En 1930 destinárono a Pontevedra. Desde 1933 era veciño de Ferrol, onde o contrataron como mecánico interino de Telégrafos.

Vencellado en Pontevedra á CNT e ás actividades da Federación Anarquista Ibérica (FAI), circunstancias polas que o expulsaron do Corpo de Oficiais de Telégrafos en xaneiro de 1933.

En maio dese ano 1933 fundou a Escola Racionalista de Ferrol; a escola atopábase no seu domicilio na rúa Canalejas, 159-1º. Francisco daba clases aos maiores a a súa dona aos máis pequenos. Ao precisarse unha titulación, a escola púxose a nome de Matías Usero Rey-Torrente, licenciado en Dereito e militante republicano.

Colaborou co xornal coruñés Brazo y Cerebro.

Coa chegada en febreiro de 1936 da Fronte Popular (FP), deixou a escola racionalista e artellou unha Universidade Popular, proxecto inconcluso por mor da sublevación militar.

Fuxido. Paseado.

Cando se produce o golpe rebelde escondeuse en Ponto, Xuvia, Santa María de Neda, Neda (A Coruña) e, logo, nas Somozas (A Coruña), onde o prenderon os fascistas e trasladárono á prisión da Escollera, en Ferrol.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol co resultado de sentenza de sobresemento.

Pouco despois rexístrase a súa morte en Ferrol a mans da forza pública franquista.

A súa dona e os seus fillos trasladáronse a Lugo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha