← Volver atrás

Jaso Paz, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Laguardia
(Araba)
- 01/01/1879 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tui
(Pontevedra)
- 27/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 57 anos. Casado con Josefa González San Juan; tiveron tres fillas e un fillo: Evangelina, Enrique, Josefa e Dolores. Veciños de Tui. Sogro do anarquista José Alonso Martínez, Pepe o Negro, detido e executado. Pai de Enrique Jaso González, paseado, e de Evangelina Jaso González, fusilada. Enrique chegara a Tui cara o ano 1902 para traballar de oficial da secretaría do concello desta localidade.

Era de ideas socialistas e exerceu a secretaría da Federación Obreira e a presidencia da Federación Labrega, as dúas de Tui.

No ano 1922 prendérono como consecuencia da folga de abastecementos.

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja nomeárono concelleiro de Tui en xaneiro de 1924; abandonou o cargo en abril dese ano para encabezar a oposición agrarista. No ano 1926 participou na creación do Centro Republicano de Tui e durante a II República foi un dos fundadores de Esquerda Republicana (ER) nesta localidade.

Executado.

Cando se produce o alzamento militar detivérono os rebeldes.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os franquistas na explanada do Instituto de Segundo Ensino de Tui co seu xenro José Alonso.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha