Nacemento:
Morte:
Militar, 20 anos. Veciño de Ferrol (A Coruña). Mariño da Armada, fogueiro preferente do Torpedeiro nº 2.
Procesado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar (suposta sedición da tripulación do Torpedeiro nº 2), na causa 65/36, co resultado de sentenza de absolución.
A dotación implicárase nos feitos da Coruña nos días do golpe militar, cando se negaran a disparar, o día 21/07/1936, para inmobilizar ao gardacostas Xauen, que mandaba o tenente de navío Eduardo Armada Sabau (golpista e, recuperado polos leais, mandou o cruceiro lixeiro Libertad). Despois desembarcaron á oficialidade do barco en Pontedeume (A Coruña), sen causarlles dano, e entregáronse aos militares sublevados do gardacostas Uad Martin, do que era comandante o tenente de navío Manuel Seijo López.
O día 24/09/1936 condenaron á pena capital, como promotores da sedición, a: Francisco-Cipriano Alonso Piñón, 39 anos, auxiliar de máquinas; José Linaza Anido, 25 anos, cabo de artillería; Manuel Allegue Regueiro, 34 anos, cabo de artillería e Francisco Díaz Quelle, 32 anos, cabo de mariñeiría. Executados os catro ás 06:00 h na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol.
Castigaron coa cadea perpetua a: Eugenio Higuera Gómez, 24 anos, cabo de radio; Antonio López Cegarra, 30 anos, cabo da Infantería de Mariña; Eulogio Naranjo Vega, 28 anos, sarxento de Infantería de Mariña; Ramón Suárez Rivadulla, 21 anos, mariñeiro de 1ª e José-María Vieites Losada, 33 anos, cabo fogueiro.
Penas a 20 anos de cadea para: Juan Couce Martínez, 29 anos, auxiliar de electricidade; Manuel Fernández Alonso, 34 anos, auxiliar de máquinas e Manuel Vázquez Ramos, 35 anos, mestre artilleiro.
Absolveron a: Manuel Aguiar Anido, 19 anos, mariñeiro de 1ª; Manuel Casanova Vázquez, 28 anos, fogueiro; Joaquín Jiménez Otero, 20 anos, fogueiro preferente; Vicente Leiro San Juan, 34 anos, fogueiro preferente; Juan Permuy Filgueira, 22 anos, mariñeiro, e José Vázquez Herba, 34 anos, fogueiro preferente.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.