← Volver atrás

Laya Abal, Nemesio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

San Vicente de Nogueira, Meis
(Pontevedra)
- 04/12/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/02/1957 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Viaxante, 27 anos. Solteiro. Veciño da rúa Sarmiento, en Pontevedra. Representante de seguros de La Previsora Hispalense.

No ano 1931 era vogal do Comité Executivo de Xuventude Republicana, despois militou no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e no ano 1935 era tesoureiro de Xuventude de Esquerda Republicana (XER).

Encarcerado. Sancionado.

Cando se produce o golpe militar, seguindo as ordes das autoridades legalmente establecidas, encomendóuselle a misión da requisa de armas

Xulgado o día 20/11/1936 en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 1118/36, acumulada a causa 1098/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua coas accesorias de interdición, inhabilitación absoluta e multa de 5000 pesetas.

Nos ditos xuízos procesaron a: Manuel Dios Costado, albanel; Joaquín Fernández Barcia, carpinteiro; Nemesio Laya Abal, viaxante; Ciríaco Licer Cons, industrial; Eduardo-Emilio Muíños Búa, mestre, e Ramón-Ángel-Vicente Rey Juncal, chofer. A Dios Costado, Fernández Barcia e Muíños Búa condenáronos á pena capital.

Encarcerado con Ciríaco Licer Cons na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), o día 05/02/1937 ingresáronos no penal de San Cristóbal, Pamplona (Navarra).

Cando se produce a fuga masiva do 22/05/1938 no Forte de San Cristóbal, foi un dos internos que se declarou en contra desta operación.

A súa pena ordinaria conmutáronlla na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de tres anos de prisión menor, o día 06/08/1941, pola súa posición contraria ao intento da fuga masiva.

Puxérono en liberdade o día 17/07/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha