← Volver atrás

Leiro San Juan, Vicente

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 34 anos. Mariño da Armada, mariñeiro fogueiro preferente no Torpedeiro nº 2, que estaba de servizo en Ferrol (A Coruña) en 1936.

Procesado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar (suposta sedición da tripulación do Torpedeiro nº 2), na causa 65/36, co resultado de sentenza de absolución.

Esta dotación implicárase nos feitos da Coruña nos días do golpe militar, cando se negaran a disparar, o día 21/07/1936, para inmobilizar ao gardacostas Xauen, que mandaba o tenente de navío Eduardo Armada Sabau (golpista e, recuperado polos leais, mandou o cruceiro lixeiro Libertad). Despois desembarcaron á oficialidade do barco en Pontedeume (A Coruña), sen causarlles dano, e entregáronse aos militares sublevados do gardacostas Uad Martin, do que era comandante o tenente de navío Manuel Seijo López.

A tripulación leal á República sofre as consecuencias que seguen:

O día 24/09/1936 condenaron á pena capital, como promotores da sedición, a: Francisco-Cipriano Alonso Piñón, 39 anos, auxiliar de máquinas; José Linaza Anido, 25 anos, cabo de artillería; Manuel Allegue Regueiro, 34 anos, cabo de artillería e Francisco Díaz Quelle, 32 anos, cabo de mariñeiría. Executaron os catro ás 06:00 h, na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol.

No mesmo procedemento castigaron a cadea perpetua a: Eugenio Higuera Gómez, 24 anos, cabo de radio; Antonio López Cegarra, 30 anos, cabo da Infantería de Mariña; Eulogio Naranjo Vega, 28 anos, sarxento de Infantería de Mariña; Ramón Suárez Rivadulla, 21 anos, mariñeiro de 1ª e José-María Vieites Losada, 33 anos, cabo fogueiro.

Condenaron a 20 anos de cadea a: Juan Couce Martínez, 29 anos, auxiliar de electricidade; Manuel Fernández Alonso, 34 anos, auxiliar de máquinas e Manuel Vázquez Ramos, 35 anos, mestre artilleiro.

Exculparon a: Manuel Aguiar Anido, 19 anos, mariñeiro de 1ª; Manuel Casanova Vázquez, 28 anos, fogueiro; Joaquín Jiménez Otero, 20 anos, fogueiro preferente; Vicente Leiro San Juan, 34 anos, fogueiro preferente; Juan Permuy Filgueira, 22 anos, mariñeiro e José Vázquez Herba, 34 anos, fogueiro preferente.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.