Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 32 anos. Casado coa tamén mestra Concepción Vieites, desterrada e morta en Madrid. Veciños de San Pedro de Beiro, Carballeda de Avia. Irmán da mestra Carmen López Bello, depurada. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense e rematounos en 1927. Mestre nacional de Beiro.
Nos primeiros tempos da II República militou no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS). Os seus ideais eran o anticaciquismo e a redención dos labregos por mor da educación. Participou en moitos actos políticos e mitins e tiña malas relacións co clero.
Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO), da que foi fundador, dirixente e redactor do seu voceiro.
Redactor de Escuela de Trabajo e colaborador da revista Nós.
Socio do Seminario de Estudos Galegos.
Detido en Ourense na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934; acusárono de presidir un comité comunista.
Presidente do Comité pro-Estatuto en Carballeda de Avia.
Depurado. Fuxido. Encarcerado. Paseado.
Os franquistas depurárono do Maxisterio, cesárono e destituírono como mestre a primeiros de agosto de 1936 por ser un dos dirixentes de ATEO.
Despois do golpe rebelde ocultouse varias semanas, detivérono os rebeldes e ingresárono na Prisión Central de Celanova (Ourense), onde tentou suicidarse e de onde o sacaron os facciosos para pasealo.
Morte rexistrada na Poza das Ras a causa dunha hemorraxia interna por traumatismo.
Os fascistas pasearon ese día a: Julio González Álvarez, Amadeo López Bello, Eloy Romero Luis e Silvio Torres Díaz; os cadáveres apareceron na Poza das Ras, en Ourille.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.