← Volver atrás

López Pérez, Antonio

Alcume: o Bergeiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Desaparecido

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Reborica, San Paio de Aranga, Aranga
(A Coruña)
- 13/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Toneleiro, 27 anos. Veciño da rúa Ribeira, 47, en Betanzos. O alcume do Bergeiro venlle do emprego do seu pai e dos seus antepasados. Antonio traballaba na fábrica de toneis dos Irmáns Lagoa.

Militante da CNT.

Paseado. Desaparecido.

Despois do golpe de Estado a Antonio buscárono na súa casa a Garda Civil e os falanxistas; entre estes Juanito, Lambeplatos, que antes fora comunista e agora pasárase ao requeté.

Paseado nun monte da Reborica xunto cos tamén betanceiros José Edreira Seoane e Antonio Maceiras Amor.

No Rexistro Civil de Aranga non aparece ningún dos tres. A familia de Edreira buscouno e remataron por dar con eles, xa estaban medio comestos das alimañas. Unha testemuña mantén que Edreira apareceu coas súas partes na boca.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha