Nacemento:
Morte:
Militar. Solteiro. Comandante maior do Rexemento de Artillería de Costa nº 2, en Ferrol. O mando deste rexemento en xullo de 1936 correspondía ao coronel Antonio Corsanego Wauters-Horcasitas e o segundo no mando era o tenente coronel José Fano Díaz.
Golpista. Represor.
Cando se produce o golpe dos sublevados os mandos deste rexemento puxéronse do lado dos rebeldes.
A López Uriarte enviárono desde o Goberno Militar de Ferrol para entrevistarse co contra-almirante Antonio Azarola Gresillón coa intención de saber que actitude ía tomar a Mariña respecto da rebelión. Trataba de convencelo para que apoiase o golpe. Azarola comunicoulle que non podía sumarse a tal acto de sedición e considerouse arrestado no seu domicilio. Nesta entrevista con Azarola, López Uriarte ía acompañado polo capitán de fragata e Axudante Maior do Arsenal, Ángel Suances Piñeiro.
Sucedeu no posto de delegado de Orde Pública de Ferrol ao tenente de Artillería Alejandro Nieto Gómez, a finais de 1936, para continuar coa represión dos republicanos. Relevado en xaneiro de 1937 polo comandante de Infantería Ignacio López Pita.
En 1939 ascendérono a coronel e presidiu o Casino de Ferrol.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.