← Volver atrás

López Varela, Carmen

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

A Coruña

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co canteiro e sindicalista José Brandariz Ramos, executado. Veciños da rúa Matadoiro, 34, na Coruña. Nai de Felisardo Brandariz Souto, fusilado en 1937.

O seu home era militante da CNT, delegado do Sindicato de Canteiros na Federación Local Obreira (FLO) e socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Vítima colateral.

A Brandariz acusárono de participar nos primeiros momentos do golpe fronte aos sublevados. A Garda Civil consegue introducir no mes de maio de 1937 un infiltrado no seu círculo, camuflado como un enlace procedente de Barcelona. O infiltrada acada suficiente información para as actuacións posteriores sobre a CNT e a FAI e que deu lugar ao Informe Brandariz.

A José detivérono nas operacións da policía represora, que seguiron á aniquilación da cúpula da Federación Anarquista Ibérica (FAI), na coñecida como “Caída das Atochas” do día 10/07/1937; xulgárono e executárono na Coruña o día 09/03/1938.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha