← Volver atrás

Brandariz Ramos, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Carral
(A Coruña)
- 01/01/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro e sindicalista, 48 anos. Casado con Carmen López Varela. Veciños da rúa Matadoiro, 34, na Coruña, cidade na que traballaba de canteiro. Pai de Felisardo Brandariz Souto, fusilado en 1937.

Militante da CNT. Delegado do Sindicato de Canteiros na Federación Local Obreira (FLO). Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Executado.

Acusado de participar nos primeiros momentos do golpe fronte aos sublevados.

Integrouse nunha rede clandestina de milicianos confederais despois da sedición militar. A Garda Civil consegue introducir no mes de maio de 1937 un infiltrado no seu círculo, camuflado como un enlace procedente de Barcelona. O infiltrada acada suficiente información para as actuacións posteriores sobre a CNT e a FAI e que deu lugar ao Informe Brandariz.

Detido nas operacións da policía represora que seguiron á aniquilación da cúpula da Federación Anarquista Ibérica (FAI), na coñecida como “Caída das Atochas” do día 10/07/1937.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1007/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 30/10/1937.

Ditáronse as seguintes condenas de pena de morte para: Jaime Baella Pérez, José Brandariz Ramos, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Jesús López Cabado e Ricardo Martín González; cadea perpetua para Juan Aguiar Brandariz; 20 anos de cadea a: Juan Couzo Martín e Manuel Lantes Fernández; a Roberto Seoane Ferreño castigárono a 15 anos.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h na Punta Herminia, na Coruña; pasárono polas armas con seis compañeiros.

Soterrárono o día 9 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Jaime Baella Pérez, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Jesús López Cabado, Ricardo Martín González e Cándido Sánchez Rodríguez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha