Nacemento:
Morte:
Tiña 21 anos. Solteiro. Veciño da Coruña. Fillo de José Brandariz Ramos, fusilado en 1938.
Militante da CNT. Membro das Xuventudes Libertarias (XXLL).
Encarcerado. Executado.
Era soldado de Infantería en Burgos.
Integrouse nunha rede clandestina confederal despois da sedición militar. Detido nas operacións da policía represora que seguiron á aniquilación da cúpula da Federación Anarquista Ibérica (FAI), na coñecida como “Caída das Atochas” do día 10/07/1937.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1007/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 30/10/1937.
Ditáronse as seguintes condenas de pena de morte para: Jaime Baella Pérez, José Brandariz Ramos, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Jesús López Cabado e Ricardo Martín González; cadea perpetua para Juan Aguiar Brandariz; 20 anos de cadea a: Juan Couzo Martín e Manuel Lantes Fernández; a Roberto Seoane Ferreño castigárono a 15 anos.
Preso no Castelo de San Antón, na Coruña.
Na agarda do cumprimento da condena, fuxiu o día 28/01/1938 con José Varela Bouza, Pepe o Lobo, despois de serrar os barrotes da prisión cunha lima que lles trouxera, nunha barra de pan, a dona de José.
Na fuxida prenderon a Felisardo e fusilárono pouco despois co seu pai.
Xulgado en consello de guerra na Coruña pola fuxida da prisión, na causa 93/38, con José Varela Bouza.
Fusilárono os golpistas ás 06:00 h en Punta Herminia, na Coruña.
Soterrárono o día 9 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Jaime Baella Pérez, José Brandariz Ramos, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Jesús López Cabado, Ricardo Martín González e Cándido Sánchez Rodríguez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.