← Volver atrás

López Cabado, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Friol
(Lugo)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Camareiro e sindicalista, 35 anos. Casado. Veciños da rúa Ramón del Cueto, 43, na Coruña. Camareiro do Café Bar América.

Militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Membro do Sindicato de Camareiros da Coruña, vencellado á CNT, onde foi presidente en 1936.

Executado.

Despois do golpe recollía cotizacións para soster aos fuxidos e acolleu na súa vivenda ao anarquista Jaime Baella Pérez.

Detido nas operacións da policía represora, que seguiron á aniquilación da cúpula da FAI, na coñecida como “Caída das Atochas” do día 10/07/1937.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1007/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 30/10/1937.

Neste xuízo dítanse as seguintes condenas de pena de morte para: Jaime Baella Pérez, José Brandariz Ramos, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Jesús López Cabado e Ricardo Martín González; cadea perpetua para Juan Aguiar Brandariz; 20 anos de cadea a: Juan Couzo Martín e Manuel Lantes Fernández; a Roberto Seoane Ferreño castigárono a 15 anos.

Pasárono polas armas os franquistas ás 06:00 h na Punta Herminia da Coruña.

Soterrárono o día 9 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Jaime Baella Pérez, José Brandariz Ramos, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González e Cándido Sánchez Rodríguez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha