Nacemento:
Morte:
Camareiro, político e sindicalista, 44 anos. Solteiro. Veciño da rúa Ramón del Cueto, 43-1º, na Coruña.
Anarcosindicalista, expulsado de Cuba a principios dos anos trinta do século XX.
Perseguido en Valencia pola súa participación na revolución de outubro de 1934, recalou na Coruña.
Director do semanario Solidaridad en 1935. Colaborou con Brazo y Cerebro.
Afiliado á CNT. Vicepresidente do Sindicato de Camareiros Terrestres. Dirixente da Federación Local Obreira (FLO). Membro e voceiro da Confederación Rexional Galaica (CRG) no ano 1935. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Executado.
Despois do golpe militar rebelde estivo agochado e participou na rede clandestina de militantes confederais.
Detido nas operacións da policía represora que seguiron á aniquilación da cúpula da Federación Anarquista Ibérica (FAI), na coñecida como “Caída das Atochas” do día 10/07/1937, na redada contra a FAI na Coruña.
Internado na Prisión Provincial da Coruña.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1007/37, co resultado de sentenza á pena de morte, que se ditou o día 30/10/1937.
Neste xuízo dítanse as seguintes condenas de pena de morte para: Jaime Baella Pérez, José Brandariz Ramos, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Jesús López Cabado e Ricardo Martín González; cadea perpetua para Juan Aguiar Brandariz; 20 anos de cadea a Juan Couzo Martín e Manuel Lantes Fernández; a Roberto Seoane Ferreño castigárono a 15 anos.
Fusilárono ás 06:00 en Punta Herminia, A Coruña, pasado polas armas con outra sete persoas.
Morte rexistrada na Coruña por feridas de arma de fogo.
Soterrárono o día 9 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José Brandariz Ramos, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Jesús López Cabado, Ricardo Martín González e Cándido Sánchez Rodríguez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.