← Volver atrás

Lustres Rivas, José-Manuel-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Ribeira
(A Coruña)
- 14/01/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Alto da Concheira, San Vicente de Trasmañó, Redondela
(Pontevedra)
- 10/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista, escritor e político, 48 anos. Casado con Emilia Fernández. Veciños de Vigo (Pontevedra). Comezou os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC), tempo no que participou nos faladoiros do Café Colón. Pasou uns anos na República Arxentina a onde marchou en 1923, durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.

Comezou a súa vida política no agrarismo, no galeguismo, republicano moderado e contrario ao caciquismo rural. Militante da UXT.

Como xornalista desenvolveu a súa profesión nunha gran variedade de xornais: El Miño, El Heraldo Gallego, Galicia Nueva, Faro de Vigo, Gaceta de Galicia, La Concordia, La Zarpa. Tamén exerceu o xornalismo en Madrid: España Nueva, España Libre, El Liberal, La Voz, El Sol. Ao regresar de Madrid traballou como redactor xefe do xornal vigués Galicia. Escribiu ensaio e comedia.

Membro dunha sociedade masónica.

Paseado.

Nos primeiros días da guerra civil, a primeiros de agosto, prendérono os fascistas nas instalacións do Faro de Vigo e ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron os represores franquistas con outras persoas, o día 09/11/1936, para asasinalo.

As persoas asasinadas nesta saca foron: Vicente Bautista García; Víctor Fraiz Castellanos, empregado; Manuel Herbón Fontán; José-Manuel-Antonio Lustres Rivas, xornalista; Siro Moralejo Santos; Manuel Nores Portela, industrial; Abdón Simón da Ponte e Florentino Vázquez Doval.

Morte rexistrada na estrada Redondela-Vigo, na Cuncheira, a causa de disparos de arma de fogo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha