Nacemento:
Morte:
Empregado e político, 19 anos. Solteiro. Veciño de Vigo (Pontevedra). Fillo de Víctor-Manuel Fraiz Villanueva, fuxido a Portugal e logo executado, e de Placeres Castellanos Pan. Irmán de Ramón Fraiz Castellanos e de Vicente Fraiz Castellanos, arrestados polos fascistas. Funcionario do Ministerio de Instrución Pública.
Encarcerado. Paseado.
Como represalia pola fuxida do seu pai a Portugal arrestárono os fascistas.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron os represores franquistas con outras persoas, o día 09/11/1936, para asasinalo.
As persoas asasinadas nesta saca foron: Vicente Bautista García; Víctor Fraiz Castellanos, empregado; Manuel Herbón Fontán; José-Manuel-Antonio Lustres Rivas, xornalista; Siro Moralejo Santos; Manuel Nores Portela, industrial; Abdón Simón da Ponte e Florentino Vázquez Doval.
Morte rexistrada na estrada Redondela-Vigo, na Cuncheira, a causa de disparos de arma de fogo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.