Nacemento:
Morte:
Mestre e sindicalista, 49 anos. Casou en Ponte Caldelas (Pontevedra) no ano 1911 con Placeres Castellanos Pan; tiveron nove fillos, dos que sobreviviron dúas mulleres e cinco homes: Milagros, Salustiano, Consuelo, Víctor, Vicente, Ramón e Manuel. Veciños da rúa Tomás Alonso, 62-1º, en Vigo. Ao seu fillo Víctor Fraiz Castellanos paseárono e a Vicente Fraiz Castellanos e Ramón Fraiz Castellanos tamén os arrestaron. Estudou Maxisterio na Escola Normal Superior de Santiago de Compostela (A Coruña). Mestre nacional en Coia, Vigo, desde o ano 1925. De mozo pasou unha longa tempada en Cuba co seu tío Vicente Fraiz Andón (+1919). Exerceu como mestre nas escolas de Santa Baia de Ponte Caldelas; de Santa María de Vilaza, Gondomar (Pontevedra) e na de Coia de 1925 a 1936.
Militante do PCE, presentouse como candidato a Cortes nas eleccións de 1936. Foi un dos socios fundadores da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT) e delegado en Galicia entre 1934 e 1937.
Dirixiu a revista Nova Galicia en 1927 en Vigo. Colaborou con El Pueblo Gallego, Escuela Vivida e Escuela del Trabajo.
Detido durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 por tenencia de armas; pasou tres meses na cadea.
Fuxido. Executado. Depurado.
Cando se produce o golpe militar rebelde tivo que fuxir ao monte e logo pasou a Portugal.
Agochado na rúa Raposa, San Martiño de Coia, en Vigo, na casa de Gumersinda Iglesias Pereira e Ricardo Fernández Pérez. Gumersinda fora criada na súa casa. A esta parella xulgárona polo delito de auxilio á rebelión e condenáronos, a cada un, a 15 anos de prisión por telo acubillado.
En represalia pola súa fuxida prenderon ao seu fillo Víctor Fraiz Castellanos, ao que asasinaron en novembro de 1936. Tamén detiveron aos seus fillos Ramón e Vicente.
Nesta situación decidiu presentarse as autoridades fascistas a cambio da que liberaran aos seus fillos e se lle sometera a un xuízo con garantías; ningunha destas peticións se cumpriu.
Encarcerado no Frontón de Vigo no ano 1937.
Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar, na causa 29/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Fusilado no Monte do Castro, en Vigo, con Manuel Rodríguez Careu, o Chato.
Depurárono como mestre nacional en xuño de 1937.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.