Nacemento:
Morte:
Mestra, enfermeira e xornalista, 40 anos. Casou no ano 1911 co mestre e sindicalista Víctor-Manuel Fraiz Villanueva; tiveron nove fillos, dos que sobreviviron dúas mulleres e cinco homes: Milagros, Salustiano, Consuelo, Víctor, Vicente, Ramón e Manuel. Veciños da rúa Tomás Alonso, 62-1º, en Vigo. Ao seu fillo Víctor Fraiz Castellanos paseárono e a Ramón Fraiz Castellanos e Vicente Fraiz Castellanos arrestáronos os fascistas por mor da fuxida do seu home.
No ano 1924 nomeárona secretaria do Comité de Represión y Persecución de la Mendicidad y de la Protección de Menores. Foi a primeira muller militante da Agrupación Socialista (AS) de Vigo no ano 1933. Secretaria no ano 1933 do Socorro Rojo Internacional (SRI) en Vigo.
Exiliada.
Cando se produce o golpe de Estado achábase en Madrid nun congreso do Socorro Rojo Internacional (SRI). Durante a guerra civil desenvolveu tarefas de enfermería no bando republicano.
O seu home era membro do PCE e candidato a Cortes nas eleccións de 1936; sería un dos socios fundadores da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT), da que doi dirixente entre 1934 e 1937.
Co golpe militar rebelde Antonio tivo que fuxir ao monte e, logo, pasou a Portugal. En represalia prenderon ao seu fillo Víctor Fraiz Castellanos, asasinado en novembro de 1936. Aos seus fillos Vicente Fraiz Castellanos e Ramón Fraiz Castellanos tamén os arrestaron.
Nesta situación, Antonio decidiu presentarse a cambio da que liberaran aos seus fillos e se lle sometera a un xuízo con garantías; ningunha destas garantías se compre. Encarcerárono en Vigo e xulgárono nesta cidade polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte. Fusilárono no Monte do Castro, en Vigo.
O día 18/03/1939 Placeres saíu de Valencia no buque Burrington Combe cara Francia, onde tamén se desenvolveu como enfermeira, participou nas guerrillas contra dos nazis como enlace e como membro da 3ª Brigada dos Franc Tirareurs de l'Intérieur.
En 1944 participou en Toulouse (Occitania, Francia) na conferencia nacional da Unión Nacional Española (UNE) e o 12/12/1945 na constitución do Bloque Republicano Nacional Galego (BRNG).
No ano 1955 regresou a Galicia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.