← Volver atrás

Mandías Merino, Miguel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

O Grove
(Pontevedra)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)
- 01/01/1967 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, pintor e político, 37 anos. Casado. Veciño de Santiago do Carril, Vilagarcía de Arousa. Irmán de Antonio Mandías Merino, fuxido, encarcerado e morto na cadea. Ordenanza municipal do Concello do Grove.

Xogou ao fútbol no Anduriña, S.D.

Encarcerado. Exiliado.

No momento do golpe militar participou no asalto ao cuartel da Garda Civil o día 20/07/1936 co alcalde Jacobo Barral Otero e con Manuel Puente Iglesias, delegado do gobernador civil, co obxectivo da requisa de armas para a defensa da II República diante dos sublevados e acudir na defensa da legalidade a Pontevedra; tiveron que dar volta a medio camiño, cando en Pontevedra xa declararan os golpistas o estado de guerra. Pouco despois prendérono os facciosos.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste procedemento xulgaron a: Jacobo Barral Otero, mestre; Ángel Cadavid Caamaño, médico; Jacobo Otero Goday, médico; Miguel Mandías Merino, pintor; José Prol Figueiro, mariñeiro, e Manuel Puente Iglesias, funcionario.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 05/02/1937. Participou no intento de fuga masiva desta prisión o día 22/05/1938 e capturárono forzas militares o día 24 en Juslapeña.

Puxérono en liberdade o día 05/09/1940.

No ano 1955 marchou para a República Arxentina.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha