← Volver atrás

Meirás Martínez, Arturo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Silva de Arriba, A Coruña
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bastiagueiro, Santaia de Liáns, Oleiros
(A Coruña)
- 13/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fontaneiro e boxeador, 24 anos. Solteiro. Veciño da San Cristovo das Viñas, barrio da Silva de Arriba, na Coruña.

Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL). Membro do Sindicato de Latoeiros e delegado deste sindicato na Federación Local Obreira (FLO), da CNT. Secretario da Confederación Rexional Galaica (CRG). Membro do grupo editor de Brazo y Cerebro en 1935/1936. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Socio do ateneo libertario El Resplandor en el Abismo do barrio coruñés da Silva.

Acusado polas forzas da orde de provocar sabotaxes contra os patróns coruñeses con José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Antonio Prenas Illobre, albanel, ou Américo Gómez Carro, fontaneiro.

Paseado.

Despois do golpe sediciosos ingresárono na Prisión Provincial da Coruña.

Morte rexistrada en Bastiagueiro a causa dunha hemorraxia interna por fusilamento.

Segundo certas fontes o seu cadáver apareceu, o día 03/12/1936, en Bastiagueiro co do seu veciño Holando Mosquera Rodríguez.

Soterrárono no cemiterio dde Liáns.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha