Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e sindicalista, 34 anos. Solteiro. Veciño da rúa da Falperra, 20 baixo, na Coruña.
Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Dirixente da Sección de Empaque e Descarga de Peixe do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da Coruña, da CNT e da Sección de Peóns do Sindicato Único do Ramo da Construción da Coruña, tamén da CNT, Siempre Adelante.
Paseado.
Participou na resistencia ao golpe militar rebelde no barrio de Santa Lucía, na Coruña, e participou no asalto ao buque Magallanes na procura de armas.
Na casa do pintor Francisco-Miguel Fernández Díaz, en Santa Cruz de Liáns, estiveron acubilladas varias persoas que loitaran nas barricadas coruñesas contra os militares sublevados, entre outras persoas: Cesáreo Méndez Vázquez, Manuel García, Bartolo Díaz, Luis Rodríguez, Antonio Gómez, Julio Pita, Manuel Hernández, Horacio e Carlos-Miguel. Tamén estiveron acubillados os coñecidos como os malagueños: Francisco Romero Márquez, Francisco Gómez Casares e Adolfo Rueda Jiménez.
Segundo Syra-María Alonso Brufao torturárono no cuartel da Garda Civil da Coruña e, logo, asasinárono.
Morte rexistrada en Aranga a causa de feridas por disparos de arma de fogo. Segundo a autopsia o seu cadáver presentaba seis disparos de arma de fogo curta.
O seu cadáver apareceu no Monte de Santiso, Aranga.
Soterrárono nun fosa común no cemiterio de San Lourenzo de Vilarraso, Aranga.
Por mor do seu homicidio instruíuse en Betanzos (A Coruña) a causa 114/36 sen que apareceran motivos suficientes para procesar a persoa algunha como responsable de tales feitos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.