Nacemento:
Morte:
Militar e político, 40 anos. Casou en 1920 con Emilia Romero Avilés (Granada); tiveron seis fillos. Marchou de Filipinas coa súa familia en 1898, tiña entón tres anos. En 1912 ingresou na Academia de Enxeñeiros de Guadalaxara, na que se licenciou en 1917 como 1º tenente. Participou na Guerra de Marrocos. En 1926 pasou á reserva e en 1931 causou baixa definitiva no Exército co grao de comandante.
En 1924 ingresou na Agrupación Socialista (AS) de Granada e foi concelleiro en 1931; o 18 de setembro dese ano nomeárono alcalde de Granada, cargo no que se mantén ata a primavera de 1932. Candidato a deputado en 1933 sen obter acta. En maio de 1936 elixírono deputado nas Cortes pola circunscrición de Granada.
Prendérono por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e liberárono ao pouco. Neses momentos da revolución era enxeñeiro inspector taxador de fincas do Banco Hipotecario de Madrid, onde o depuxeron acusado de excitar ás masas. Exiliouse en Bélxica ata marzo de 1936.
Despois do triunfo nas eleccións da Fronte Popular (FP) nomeárono subdirector do Comité Executivo do Banco Hipotecario.
Executado.
Despois do comezo da guerra civil incorporouse ao exército republicano co rango de capitán de Enxeñeiros. Participou na defensa de Madrid, onde foi xefe da Agrupación nº 1 do Batallón de Voluntarios da Cidade Universitaria e estivo ao mando da 5ª Brigada Mixta do Corpo de Carabineiros coa que se distinguiu na defensa da capital. En xaneiro de 1937 acada o grao de tenente coronel e en xuño mandou a 22ª División do IX Corpo do Exército de Andalucía na fronte de Granada; logo obtivo a comandancia deste IX Corpo de Exército en novembro de 1937 ata o remate da contenda.
Despois do golpe contra a República do coronel Segismundo Casado López nomeárono comandante do Exército de Andalucía, cando xa era coronel de Enxeñeiros desde 1938 e na substitución do coronel Domingo Moriones Larraga.
Negociou cos franquistas a rendición das tropas republicanas en Andalucía Oriental.
Ás 0:15 h do día 01/04/1939 entregouse aos golpistas no Cuartel Principal de Artillería de Córdoba e trasladárono a Granada a finais dese mesmo mes.
Xulgado en consello de guerra en Granada o día 12/06/1939 polo delito de rebelión militar, coa agravante de perversidade do delincuente, transcendencia do delito e dano causado, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os rebeldes de madrugada, ás 05:00 h, nas tapias do cemiterio de Granada.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.