Nacemento:
Morte:
Militar, 45 anos. Garda Civil. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1908 e licenciou en 1911 co grao de segundo tenente. Participou nas campañas de África. A finais de 1914 ingresou na Garda Civil. No ano 1920 era capitán e no 1934 comandante. En abril de 1936 tiña o seu destino na Comandancia da Garda Civil na Coruña.
Desde o triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, entre a oficialidade dos cuarteis existen moitas reunións nos cuartos de bandeiras, inclinándose pola sublevación. O principal enlace destes contactos rebeldes era o capitán da Garda Civil, José Rañal Lorenzo, ao que se sumaban o tamén capitán da Garda Civil Gumersindo Varela Paz; o comandante do Estado Maior, Fermín Gutiérrez de Soto; o capitán de Infantería da Garda de Seguridade e Asalto, Ricardo Balaca Navarro e o tenente coronel da Garda Civil, Benito de Haro Lumbreras. A súa idea era atentar contra o pazo do Goberno Civil, pero descubriunos o día 18/04/1936 o comandante da Garda Civil, Fernando Monasterio Bustos, que pasou informe ao presidente do Goberno do Estado Santiago Casares Quiroga.
Exiliado.
Mantívose fiel á República e foi un estreito colaborador do xeneral Sebastián Pozas Perea. Mandou varias unidades da Garda Nacional Republicana (GNR) e do Corpo de Seguridade e Asalto. Pasou polas frontes de Brunete, Chapinería e Cuelgamuros, todas en Madrid. Acadou o grao de tenente coronel en decembro de 1936. En abril de 1938 era comandante da 29ª División do VII Corpo de Exército de Estremadura na fronte estremeña.
Militante do PSOE desde novembro de 1938.
Ao remate da guerra exiliouse en Francia, de onde sae o 15/06/1940 no Cuba cara á República Dominicana; no nos deixaron desembarcar e marcharon a México, pasou logo a Estados Unidos e en 1946 regresou a Francia. En setembro de 1948 trasladouse á República Arxentina, achándose en Bos Aires o día 03/10/1948.
En Bos Aires gañouse a vida dando clases de matemáticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.