Nacemento:
Morte:
Fogueiro, político e sindicalista, 39 anos. Casado. Veciños da Avenida de Tánxer, 25 baixo, na Coruña. Pai de Carlos Montes Babío, asasinado con el.
No ano 1923 entrou en contacto cos anarcosindicalistas Dalmacio Bragado Ruiz e José Villaverde Velo, reforzando o sindicato e incrementando as accións sindicais violentas, estoupando varios artefactos explosivos.
Organizou o asociacionismo mariñeiro coruñés vencellado ao anarcosindicalismo e foi presidente de El Despertar Marítimo do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP), da CNT, en 1917, 1920, 1931 e finais de 1933. Encabezou a Federación Nacional da Industria Pesqueira da CNT. A partires de 1934 exerceu como liberado do Sindicato de Transportes coruñés.
Membro da directiva do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Paseado.
Un dos organizadores de moitas das fuxidas en barco de represaliados desde A Coruña.
Manuel figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Despois do golpe dos sublevados organizou co seu fillo Carlos Montes Babío a fuga de militantes da CNT desde a súa casa da Falperra, na Coruña, primeiro cara o Principado de Asturias e despois cara Francia. Axudaron a unhas 900 persoas de todas as ideoloxías a fuxir da represión.
Detido a finais de 1937 ou primeiros de 1938 co seu fillo Carlos na súa casa e logo paseado. Asasinado xunto ao seu fillo a primeiros de 1938. Semella que os asasinaron nunha cheka falanxista na Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.