← Volver atrás

Monzón Reparaz, Jesús

Alcume: Mariano
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Pamplona
(Navarra)
- 22/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pamplona
- 24/10/1973 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, 26 anos.

Militante do PCE.

Exiliado. Encarcerado.

A sublevación colleuno en Pamplona, onde se agachara na casa dun amigo e, logo, pasou a Francia disfrazado de frade capuchino. En decembro de 1936 volveu ao País Vasco e, ao caer, volveu a Francia, para logo pasar a Cataluña.

Secretario Xeral do Ministerio de Guerra nomeado o día 02/03/1939, ex-gobernador civil de Albacete, Alacante e Cuenca. O día 5 de marzo de 1939 prodúcese o golpe de Estado do coronel Segismundo Casado López e o día 6 Monzón abandona España cara Orán (Alxeria), nun avión no que tamén ía Dolores Ibárruri Gómez.

Loitador antifascista, participou na resistencia francesa contra os nazis.

Fuxido a Francia en 1940, tentou reorganizar o PCE e aos refuxiados españois resistentes contra os nazis. Tamén creou e impulsou a Unión Nacional Española (UNE) coa que pretendía xuntar os partidos republicanos e os sectores franquistas decepcionados co Réxime e o seu cariz totalitario.

No ano 1942 é Secretario Xeral do PCE en Francia e pasa o interior de España, a onde ven na primavera de 1943; mantivo conversas con grupos das dereitas de posicións antifranquistas, o que suscitou aplausos dos exiliados en México e da mesma Dolores Ibárruri; estes feitos aproveitaríaos logo Santiago-José Carrillo Solares para acusalo de traidor.

Nos últimos meses da II Guerra Mundial a Agrupación de Guerrilleiros Españois, que combatían aos nazis, convertérase nun corpo armado de 10.000 homes. En outubro de 1944 o PCE responsabilizouno da toma da decisión da Invasión do Val de Arán; estudios posteriores confirman que o acordo aprobárano moitos cadros desde Rusia, o mesmo que as demais actividades de UNE. A invasión non logrou crear un territorio liberado e, mal planificada a operación, os franquistas desbaratárona con facilidade. Monzón sufriu a reprobación e a desautorización de Carrillo.

Defenestrado polo novo equipo que chega a Francia en 1944, acepta vir a España como enlace e cadro medio. Agochado en Barcelona, na casa de Jaume Serra, cando o perseguía a Policía Armada española e os enviados de Carrillo. Prendido en Barcelona o día 08/06/1945 cando xa estaba moi enfermo. Tiña a documentación falsificada tan perfecta que o soltaron, pero cando saía identificouno un funcionario e volvérono prender.

Xulgado en consello d guerra en Barcelona co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Enrique Liste Forján, Enrique Líster, chegou a dicir que si non chegan encarceralo, ao pasar a fronteira, sería liquidado polo PCE.

Na península depuraron aos cadros orgánicos do monzonismo (asasinatos, denuncias, xuízos revolucionarios). “...Monzón traicionó al Partido...suministró informes con los datos más secretos... a los esbirros fascistas” escribiu Santiago-José Carrillo Solares en Mundo Obrero a finais dos cincuenta. Todas estas acusacións eran falsas.

Mentres se atopaba preso en Ocaña no ano 1948, tres anos despois da detención, sometérono a consello de guerra, onde se solicitou a pena de morte; condenárono a 30 anos.

Preso en El Dueso, onde os seus compañeiros de partido se afastaron del.

O día 29/01/1959 saíu da cadea, despois de 13 anos; ao non ter saídas laborais pasou a México. En 1971 está nas Baleares como director do Instituto Balear de Estudios de Dirección de Empresas (IBEDE) onde fixeron estudos Ramón Tamames, Camilo José Cela, Francisco Fernández Ordóñez, Joaquín Garrigues Walker, Julián Marías, Jordi Pujol e moitos outros.

Procesárono por responsabilidades políticas en Pamplona e indultárono no ano 1960.

Faleceu de cancro en Pamplona.

En 1948 expulsárono do PCE e, o 25/04/1986, rehabilitouno o entón secretario xeral Gerardo Iglesias Argüelles.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.