← Volver atrás

Navarret García, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Santander
(Cantabria)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Prado dos Remedios, Mondoñedo
(Lugo)
- 12/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 36 anos. Casado. Veciño de Ribadeo (Lugo). Irmán de Antonio Navarret García, procesado.

Membro da Sociedade Obreira.

Fuxido. Paseado.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 02/08/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 309/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Ribadeo.

A sentenza deste proceso condenou á pena de morte a: Fernando Bellón Fernández, Antonio Fernández Sánchez e Luciano Martínez Piñeiro; penas de cadea perpetua para: José Castaño Reimundo, Francisco Rodríguez Monteavaro e Luciano Rodríguez Monteavaro; tamén castigaron a prisión a José-Antonio Díaz Álvarez. O auto declarou fuxidos a: Florencio Carballo Novigil, Santiago Fariña Reinante, Enrique Navarret García, José-María Torviso Fernández e Andrés Vale Blanco.

Despois de andar fuxido prendérono os franquistas e ingresárono no depósito de Ribadeo o día 02/08/1936, de onde o sacaron o día 11 de setembro para darlle o paseo.

Morte rexistrada no Prado dos Remedios por mor de feridas de arma de fogo na caluga e no tórax.

Inscrito inicialmente como descoñecido e identificado o día 08/02/1979.

Asasinouno o xefe comarcal de milicias de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) Pablo de la Fuente Aguirre, quen xustificou a execución cun intento de fuga.

Nese lugar e data asasinaron a: Florencio Carballo Novigil, mariñeiro; Antonio-María Martínez López, labrego; Enrique Navarret García, mariñeiro, e Andrés Vale Blanco, xornaleiro.

Soterráronos nunha fosa común en Mondoñedo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha