← Volver atrás

Nieto Antúnez, Pedro

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 18/08/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 06/12/1978 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político, 37 anos. Casou con Eulalia Boado. Veciños de Marín (Pontevedra). Ingresou na Escola Naval de San Fernando (Cádiz) en novembro de 1913 e rematou como alférez de navío en decembro de 1918. Participou en accións da Guerra de Marrocos. No ano 1931 obtivo o diploma da Escola de Guerra.

Golpista.

Cando se produce o movemento dos sublevados era terceiro xefe do Polígono de Tiro Naval Janer, en Marín, co grao de capitán de corveta. Ás ordes de Francisco Bastarreche Díez de Bulnes, participou nas operacións de control da cidade de Pontevedra para os sublevados. O día 20 de xullo, ás 18:00 h fixo público o estado de guerra en Marín.

Despois destinárono a Ferrol (A Coruña) como segundo comandante do acoirazado España, co que participou nas misións de control do Cantábrico. Despois do afundimento do España mandou o entón cruceiro auxiliar Mar Cantábrico, empregado no bloqueo do Mediterráneo. No ano 1938 era director da Escola Naval de San Fernando.

Contra-almirante en 1950 e ascendérono a almirante en 1957.

Despois de desenvolver diversos cargos para o réxime, Francisco Franco Bahamonde nomeouno ministro de Mariña de 1962 a 1969.

Máis tarde presidiu a Compañía Trasmediterránea cando se retirou da Mariña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha