← Volver atrás

Oubiña López, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 04/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, sindicalista e político, 35 anos. Casado. Veciños de Vilagarcía de Arousa. Contratista de obras.

Presidente da Sociedade Labrega de San Pedro de Cornazo en 1924.

Coa proclamación da II República elixírono membro da Xunta Provisional Republicana de Vilagarcía de Arousa. Dirixente da Federación Local da CNT da súa vila e concelleiro, cesárono en agosto de 1934 acusado de falsidade en documento público, absolvérono e repuxérono en xaneiro de 1936.

Concelleiro no ano 1936 de Vilagarcía de Arousa pola coalición electoral da Fronte Popular (FP).

Executado.

Prendérono os golpistas despois do movemento sedicioso.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 21/11/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Nese consello de guerra xulgaron a: Valentín Briones Rey, industrial; Román Mondragón Cores, industrial; Ángel Navia Cores, comerciante; José Otero Lago, canteiro; Manuel Oubiña López, carpinteiro; Luis Pando Rivero, funcionario; Román Torrado Torrado, oficinista, e Jesús Villaverde Rey, Achiño, industrial.

Ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilárono os franquistas na Caeira.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha