← Volver atrás

Pagola Birebén, José-María

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Casou con María del Carmen Miranda Martín. Veciños de Ferrol (A Coruña). Capitán de Artillería.

Golpista. Represor.

Era capitán de Artillería no Rexemento de Artillería de Costa nº 2 en Ferrol e foi o oficial sublevado que, ao mando dunha batería que se emprazou diante do Concello de Ferrol, obrigou á rendición polas armas dos políticos de esquerdas e veciños que defendían a legalidade da República; tamén tomou a Casa do Pobo.

Xefe comarcal das milicias de Falanxe en Ferrol, que colaboraron cos delegados de Orde Pública, en particular con Victoriano Suanzes Suanzes, e cos comités de depuración da Garda Civil na represión. Os milicianos dependían do Servizo de Prevención de Falanxe e, nestas milicias ferrolás, destacaron tamén os represores José López Rey, Juan-Antonio Pedreira, Ramón Rebollar e Juan-Antonio Veiga.

A Victoriano Suanzes Suanzes nomeárono delegado de Orde Pública o día 10/08/1936, cando era capitán da Garda Civil. O día 17/08/1936 designaron xefe de policía en Ferrol ao capitán de Artillería José-María Pagola Birebén; así completouse a pirámide de poder represivo. Victoriano ocupou o cargo entre agosto e outubro de 1936, o período álxido das execucións irregulares.

No seu aparello represor figuraban, entre outras persoas: o sarxento da Garda Civil Manuel Cebral Caamaño e os números Gerardo Casanova Martín, Isidro García Teso, Andrés Ocampo Varela e Abraham Uzal Casanova e un bo número de falanxistas. Moitos deles xa os recoñeceran polos seus “méritos” na represión da folga xeral de outubro de 1934.

Nin sometían a xuízo á xente, sacábanos da cadea militar da Escollera (no Arsenal) ou do buque-prisión Plus Ultra e fusilábanos en Canido. Un destes casos sería o de Matías Usero Rey-Torrente e outras cinco persoas, ás que sacaron do cárcere e paseáronas o día 20/08/1936. Pagola xustificou as mortes diante do xuíz alegando un intento de fuga dos executados.

No tempo no que Victoriano Suanzes ocupou a Delegación de Orde Pública en Ferrol e Pagola Birebén foi o xefe de policía, desde o día 17/08/1936, finaron paseadas 134 persoas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha