← Volver atrás

Pando Rivero, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Villaviciosa
(Principado de Asturias)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 04/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, 40 anos. Casou en Santiago de Compostela (A Coruña), onde chegara nos anos vinte, con Purificación Durán; tiveron tres fillas, que tiñan doce, seis e dous anos cando asasinaron o seu pai. Veciños de Pontevedra. Irmán de Francisco Pando Rivero, fusilado, e tío de Emilio Pando Fernández, tamén fusilado. Xuíz municipal. Fillo de Adolfo Pando Valle, alcalde de Villaviciosa (Principado de Asturias). A súa familia era propietaria da empresa El Gaitero. Nomeado xuíz de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) no ano 1931, cesárono neste cargo no mes de agosto dese mesmo ano pola oposición das forzas conservadoras, xa que lle quería meter man aos abusos dos falanxistas; recuperou o posto en agosto de 1932.

Presidente da Fronte Popular (FP) de Vilagarcía de Arousa.

Paseado.

Cando se produce a sublevación militar presentou a dimisión do seu emprego, que non lle aceptaron.

Detido polos fascistas o día 01/08/1936, xa que a Falanxe lle tiña posto o ollo.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 21/11/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Nese consello de guerra xulgaron a: Valentín Briones Rey, industrial; Román Mondragón Cores, industrial; Ángel Navia Cores, comerciante; José Otero Lago, canteiro; Manuel Oubiña López, carpinteiro; Luis Pando Rivero, funcionario; Román Torrado Torrado, oficinista, e Jesús Villaverde Rey, Achiño, industrial.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) en decembro de 1936, de onde o sacaron o día 4 para darlle o paseo e fusilalo na Caeira.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor dunha hemorraxia interna; o cadáver apareceu en Pontevedra.

O seu indulto chegou ao día seguinte de que o asasinaran.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha