Nacemento:
Morte:
Serrador e político, 17 anos. Solteiro. Veciño das Leiras, San Salvador de Bergondo, Bergondo. Fillo de Celsa Argüeso Pardo, asasinada polos fascistas o 01/03/1948 en Bergondo. Irmán de Manuel Pardo Argüeso, guerrilleiro morto en enfrontamento o día 09/01/1948.
Militante dun sindicato de Bergondo.
Encarcerado. Morte en enfrontamento.
Os fascistas acusárono de patrullar pola súa zona nos días do golpe sedicioso e arrestárono.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 29/01/1937 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 854/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua (outras fontes din que condenado a 12 anos).
O tribunal condenou a cadea perpetua a: Gerardo Gómez Lorenzo e Antonio Pardo López; castigaron a 12 anos de cadea a Andrés-Antonio Pardo Argüeso e declararon fuxido a José-Antonio López Vázquez.
Ingresárono no penal do Forte de San Cristóbal o día 14/06/1937. Participa no intento de fuga masiva do día 22/05/1938 e morre, pouco despois, nun enfrontamento coa forza pública franquista, que andaba na procura dos escapados.
O seu corpo segue desaparecido.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.