← Volver atrás

Pedreira Pazos, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Paseado

Nacemento:

Santa María de Celas, Culleredo
(A Coruña)
- 20/03/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 04/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 45 anos. Casou con María Rumbo; tiveron tres fillos: Manuel, Demófilo e Benito. Veciños de San Xoán de Meavía, Forcarei (Pontevedra). Mestre nacional do barrio de Meavía, que permutara en 1935 pola de Poio. Pai de Demófilo Pedreira Rumbo, Nene. No ano 1914 destinárono como mestre a Altos de Aranga, Aranga; en 1915 a San Pedro de Cardeiro, Boimorto, e en 1916 a San Pedro de Soandres, A Laracha, onde exerceu ata o ano 1922, cando pasou a San Xoán de Cortegada, Sarreaus (Ourense).

Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja fíxose cargo da escola da súa parroquia natal e en decembro de 1928 enviárono á de Ucha, Poio (Pontevedra).

Militante da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT) e do PSOE, foi secretario da Agrupación Socialista (AS) de Pontevedra no ano 1931.

Membro da loxa masónica Helenes nº 7 de Pontevedra.

Colaborou co xornal El Progreso.

Depurado. Paseado.

Suspendido de emprego e soldo en setembro de 1936.

Morte rexistrada nas aforas de Pontevedra; asasinárono ao aplicarlle a Lei de Fugas.

En outubro de 1937 separárono do servizo e dérono de baixa na escala de mestres.

No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha