← Volver atrás

Pena López, José-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Sancionado

Nacemento:

Santiago de Tabeirós, A Estrada
(Pontevedra)
- 01/01/1879 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 05/06/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 57 anos. Casado. Veciños da Estrada. Representante da axencia de Ford, empregado e ao cuidado dun surtidor de gasolina da Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos (CAMPSA), propietario dun garaxe e da fábrica de lixivias e bebidas El Águila Estradense desde 1927. Irmán do mestre Sebastián Pena López, depurado.

No ano 1936 elixírono presidente da Fronte Popular (FP) na Estrada.

Executado. Sancionado.

Prendérono despois do golpe de Estado.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: Ramón Fernández Rico, carpinteiro; Manuel Nogueira González, carpinteiro; José-María Pena López, industrial; Jesús-Ignacio Puente Fontanes, xastre; José Rodríguez Sangiao, ferreiro e chapista, e Cándido Tafalla Froiz, industrial. Fusiláronos aos seis en Pontevedra.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h en Pontevedra, no quilómetro 1 da Avenida de Bos Aires coas outras cinco persoas que xulgaron con el e veciñas tamén da Estrada.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor dunha hemorraxia interna.

En xaneiro de 1938 a Comisión de Incautación de Bens de Pontevedra abriulle un expediente e comisáronlle todos os seus bens.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha