← Volver atrás

Pérez Besada, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Tui
(Pontevedra)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Confurco, Santa Mariña de Xinzo, Ponteareas
(Pontevedra)
- 04/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político, 23 anos. A súa moza quedaba en estado da que sería a súa filla póstuma: Aurora. Veciño de San Mamede de Guillarei, Tui.

Paseado.

Despois do golpe de Estado arrestárono os fascistas e internárono no Seminario de Tui.

O día 4 de outubro os falanxistas sacárono da cadea e asasinárono ás 06:00 h nun suposto traslado.

Nesa data e lugar pasearon a: Hipólito Gallego Camarero, mestre; Domingo Páramos Núñez, ferreiro; Manuel Pérez Besada, político; Manuel Piñeiro Zúñiga, industrial; Francisco Rodríguez Otero, farmacéutico, e Fernando Rubio Estévez, político.

A Hipólito martirizárono antes e despois da súa execución.

Os corpos dos seis asasinados guindáronos na vía pública na entrada de Mondariz.

Morte rexistrada en Mondariz sen que se indique a causa e onde os soterraron nunha fosa común.

O día 26/03/1959 os seus restos mortais, xunto cos doutras 34 persoas da provincia de Pontevedra, trasladáronos ao Val dos Caídos (Madrid).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha