Nacemento:
Morte:
Militar e médico, 55 anos. Casou o día 17/07/1907 na igrexa de San Xulián de Ferrol con Rosa Barbeiro Cañete; tiveron dous fillos e seis fillas: Nicolás, Manuela, Rosa, María-Luisa, Dolores, Luis, Ramona e Amalia. Veciños da rúa Real, 57-1º, en Ferrol. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e licenciou no ano 1904. Ingresou no Corpo de Sanidade da Armada en decembro de 1905 e exerceu no Hospital da Mariña en Ferrol. Coronel médico da Armada, retirado a petición propia en maio de 1934, no Bienio Negro.
Publicou traballos en Nós.
Republicano e espiritista.
Membro das Irmandades da Fala de Ferrol.
Pertencía a loxa masónica Breogán nº 16.
Executado.
Nos primeiros días da sublevación mostrou a súa fidelidade á República nunha carta que lle interceptaron ilegalmente e pola que o sancionaron, multa que “le ha sido impuesta por desafecto al movimiento salvador de España”. Interceptou a misiva o capitán da Garda Civil Victoriano Suanzes Suanzes e que ía dirixida a José Giral Pereira, ministro de Mariña.
Por este motivo desterrárono a Tudela (Navarra) o día 10/09/1936 coa perda de haberes; obrigárono a renegar da masonería e manifestar a súa oposición á Fronte Popular (FP). Reenviárono a Ferrol a principios de febreiro de 1937 e internárono no buque prisión de transporte lixeiro Contramaestre Casado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol o día 10/02/1937 polo delito de adhesión á rebelión militar de xullo de 1936, na causa 21/37, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os golpistas ás 05:30 h na Punta do Martelo do Arsenal, en Ferrol, e soterrárono nun nicho no cemiterio de Canido.
Semella que antes do seu asasinato sufriu tortura.
Morte rexistrada a causa de feridas producidas por arma de fogo.
Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
No ano 1947 a súa filla Amalia casaría cun fillo de Pilar Franco Bahamonde.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.