← Volver atrás

Pérez Gándaras, Domingo-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Procesado

Nacemento:

Santa María de Pacios, Baralla
(Lugo)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Médico e político, 38 anos. Casou en maio de 1945 en Ribadeo (Lugo) con María-Jesusa Nistal Ares. Veciño de Becerreá. Irmán de Ángel Pérez Gándaras, farmacéutico e fusilado. Exerceu a profesión médica en Baralla e Becerreá.

Dirixente de Esquerda Republicana (ER) na II República na comarca de Baralla e Becerreá.

Fuxido. Procesado.

Foxe despois do movemento rebelde, permaneceu agochado e mentres se mantivo nesta fuga tivo contactos con Valentín Méndez Rodríguez, ao que os golpistas acusaron de prestarlle axuda.

Mantívose en fuga ata setembro de 1938, cando se entrega ás autoridades rebeldes.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas en maio de 1937.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 117/37, co resultado de sentenza de sobresemento provisorio segundo resolución do día 21/10/1938.

En 1940 abonou a multa e recobrou a libre disposición dos seus bens.

No mes de xaneiro de 1941 nomeárono médico de asistencia pública en Ribadeo e remataría por ser o director do Hospital Municipal de Ribadeo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha