Nacemento:
Morte:
Médico e político, 28 anos. Casado con Sara Díaz Vega; tiveron dúas fillas e dous fillos: Ramona, Manuel, Claudio e Maika. Veciños de Ribadeo. Irmán de Claudio Pérez Prieto, farmacéutico, fuxido e exiliado. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC), que rematou no ano 1932. Estableceuse como médico en Ribadeo en decembro de 1933.
Militante do Partido Galeguista (PG), do que era vogal no ano 1935. Fixo a campaña electoral de 1936, participando en varios mitins. O día 16/03/1936 elixírono presidente do Comité Local de Esquerda Republicana (ER) en Ribadeo. Participou tamén na campaña pro Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). Concelleiro de Ribadeo por ER.
Fuxido. Encarcerado.
Cando se produce o golpe de Estado foxe e intégrase no exército republicano na fronte do Principado de Asturias, no que exerceu de oficial da Sanidade Militar co grao de capitán no 5º Rexemento.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 301/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía, segundo resolución do día 26/08/1937. Neste proceso enxuizaron a varios veciños de Barreiros e Ribadeo.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a Antonio García Fernández e a cadea perpetua a José Gómez Álvarez. O auto declarou fuxidos a: Rafael Fernández Cardoso, César Margolles de la Vega, Claudio Pérez Prieto e Manuel Pérez Prieto.
Prendérono os rebeldes e internárono no cárcere do Coto, en Xixón (Principado de Asturias).
Xulgado en febreiro de 1939 en consello de guerra en Oviedo (Principado de Asturias) co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Estivo preso tamén en Burgos, Palencia e na Prisión Central de Celanova (Ourense), da que saíu en liberdade condicional o día 25/11/1940, que se publicou no BOE nº 336 do día 01/12/1940.
Os franquistas abríronlle un expediente no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña, en novembro de 1940, e sufriu o embargo de bens e material sanitario. Indultárono no ano 1941.
Cando saíu da cadea volveu exercer como médico en Ribadeo e, logo, en Castropol.
Semella que colaborou coa guerrilla antifranquista da Mariña luguesa.
Algúns autores sinalan que o seu segundo apelido era Presno.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.