Nacemento:
Morte:
Comerciante e político, 37 anos. Casado. Veciños de San Paulo de Río Barba, O Vicedo.
Fundou o pósito de pescadores do Vicedo en 1931.
Militante da UXT. Un dos fundadores e contador do Comité Directivo da Agrupación Socialista (AS) do Vicedo no ano 1933. Alcalde socialista do Vicedo (entón Río Barba) en 1933 e en 1936, nesta última ocasión polo PSOE, dentro da coalición da Fronte Popular (FP), neste último caso elixido pola unanimidade dos concelleiros.
Fuxido. Sancionado. Encarcerado.
Despois do alzamento rebelde andou fuxido e entrou en contacto con Jesús-María Iglesias Escourido.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de traizón, na causa 412/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 07/12/1936. Proceso desenvolto contra varios veciños do Vicedo e Viveiro.
A sentenza ditou auto de sobresemento provisorio para: Arsenio Doval Fernández, José Fanego Calvo e Orencio Martínez Fanego; declarou fuxidos a: Luciano Pérez Riveira e Modesto Rivera Quintana.
Os franquistas embargáronlle os seus bens.
Máis tarde agochouse nun foso na súa casa do Vicedo desde 1936 ata o ano 1940, cando se presentou ás novas autoridades franquistas.
Entregouse ás ditas autoridades en Viveiro (Lugo) o día 01/04/1940 e trasladárono á Prisión Provincial de Lugo nove días despois.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1162/36, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Proceso contra varios veciños de Viveiro e O Vicedo.
Neste proceso condenaron a cadea perpetua a: José-Antonio Amor García, José Camba Insua, Prudencio López Alvariño, José-María Pájaro Timiraos e José Timiraos Martínez. Castigaron a 15 anos de prisión e multa mancomunada de 200.000 pesetas a Abelardo Fernández López. Penas de 12 anos de cadea a: Luciano Pérez Riveira e Antonio Piñón García.
Puxérono en liberdade o día 10/04/1941 e traballou de mariñeiro nas costeiras do bonito e na construción da liña de FEVE.
Cando acadou a idade de xubilación trasladouse a Cádiz, onde vivía o seu fillo Manuel.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.