Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 23 anos.
Falanxista, Camisa Vella.
Represor.
Despois do golpe de Estado dos militares rebeldes combateu no exército sublevado e participou na represión que se levou a cabo na Coruña.
Segundo tenente de alcalde da Coruña en agosto de 1938.
Alférez honorífico do Corpo Xurídico Militar.
Participou na represión formando parte, de xeito asiduo, en moitos dos tribunais militares dos consellos de guerra contra os republicanos. Entre moitos outros, foi fiscal no consello de guerra contra Manuel Calvelo López, Isabel Ríos Lazcano e Manuel Sánchez Ayerbe, nos que solicitou a pena de morte para cinco dos procesados. Tamén se inmiscúe na represión contra dos funcionarios do Concello da Coruña e foi fiscal noutras causa militares represoras.
Vogal en xuño de 1939, na representación de Falanxe, no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña durante dous meses. Neste ano foi concelleiro da Coruña.
Persoa da absoluta confianza do ditador Francisco Franco Bahamonde polo que o designaron, a dedo, alcalde franquista da Coruña en tres etapas: do 11/10/1939 ao 22/02/1940, do 01/05/1943 ao 26/06/1944 e do 07/01/1969 ao 21/01/1974.
O día 05/12/1938 asinou a cesión do Pazo de Meirás ao ditador. No pleno do día 23/06/1939 propuxo a concesión a Franco da Medalla de Ouro da cidade e o nomeamento de Alcalde de Honra.
Procurador nas Cortes franquistas nos períodos 1943/1944 e 1971/1974.
Nunca sentiu pesar ou remordementos, entón ou máis tarde, pesar ou desgusto polo sucedido. Asasinaron con premeditación e aleivosía ditando sentenzas inxustas e egoístas para “salvar la religión y el orden social”. Formou parte do Tribunal de Responsabilidades Políticas, por Falanxe.
Procurador nas Cortes durante o franquismo de 1943 a 1944 e de 1971 a 1974.
Colaborador de El Ideal Gallego e de La Voz de Galicia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.