← Volver atrás

Pousa Marqués, Claudio

Alcume: Joven
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Ponferrada
(León)

Morte:

Porto Quintela, Bande
(Ourense)
- 13/09/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro. Veciño de Ponferrada. Fillo de Guillermo Pousa Pinza. Traballaba na panadería do seu pai.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois do golpe militar, fuxiu co seu pai e refuxiáronse nunha aldea de Vinhais (Portugal), onde serviu co seu pai como guía no primeiro intento de fuxida de guerrilleiros asturianos cara Porto (Portugal), alá por decembro de 1939.

Despois do fracaso da tentativa dos asturianos, Guillermo converteuse no seu guía para regresar aos vales de Casaio en febreiro de 1940; logo uniuse ao grupo de Manuel Girón Bazán, Girón.

A segunda tentativa de escapada por Portugal encabezouna o comunista asturiano Víctor García García, Brasileño. Entre este numeroso grupo inclúense Claudio Pousa e o seu pai.

Xulgado en consello de guerra en Ourense, na causa 335/40, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O tribunal declarou fuxidos a: Claudio Pousa Marqués, Guillermo Pousa Pinza e José Pousa Pinza.

Ao seu grupo atacárono, preto da fronteira portuguesa, as forzas represoras españolas en Porto Quintela e no combate morreron Claudio Pousa e Valentín García Sánchez, Morringa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha