← Volver atrás

Poza Cobas, Celestino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Sancionado

Nacemento:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 22/03/1868 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 08/08/1956 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, médico e político, 68 anos. Divorciado. Veciño de Pontevedra. Pai de Luis Poza Pastrana, executado, de Aurora Poza Pastrana, casada con José Adrio Barreiro, executado co seu fillo Luis, e de Celestino Poza Pastrana, encarcerado. Despois de traballar de carpinteiro, licenciouse no ano 1892 en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Emigrado en Filipinas en 1893, volveu a Pontevedra en abril de 1899 e converteuse no home forte dos republicanos, a pesares do seu autoritarismo. En 1902 inaugurou o Sanatorio Poza.

Concelleiro de Pontevedra de 1906 a 1909. En 1930 promoveu a formación do Centro Republicano de Pontevedra e sería presidente do Partido Republicano Radical (PRR) en 1931, ano no que se integra no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), polo que se presentou co seu xenro, o avogado José Adrio Barreiro, como candidato nas eleccións de 1933. Desde 1935 militou en Unión Republicana (UR), sendo o presidente do Comité Local pontevedrés. Nas eleccións de febreiro de 1936 obtivo acta de deputado por UR, na coalición da Fronte Popular (FP).

O doutor Poza era laico e masón.

Encarcerado. Depurado. Sancionado.

Cando se produce o golpe militar arrestárono os fascistas en agosto de 1936 e pasou por varios cárceres; tamén o torturaron.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) co seu fillo Celestino Poza Pastrana.

Os franquistas confiscáronlle as súas propiedades e saquearon o seu sanatorio. Asasinaron ao seu fillo Luis o día 12/11/1936.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 17/02/1937, co resultado de sentenza a cadea perpetua e as accesorias de interdición civil e descualificación absoluta.

Interno en San Simón, puxérono en liberdade condicional o día 11/03/1940.

Os rebeldes saqueáronlle a casa e a clínica e incautáronlle os seus bens.

Excarcerado en 1941, axudou a moitos represaliados republicanos a pasar a Portugal; tíñaos agochados nun túnel entre a súa casa e o seu sanatorio.

Procesárono por responsabilidades políticas en Madrid.

Soterrárono no cemiterio civil de Pontevedra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.