← Volver atrás

Puertas Lastres, Jesús

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Muxía
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Veciño de Muxía.

Falanxista.

Coa chegada da II República fundou o Comité Republicano Municipal de Muxía, semella que independiente. Co triunfo fo golpe militar converteuse nun falanxista de toda a vida; foi o primeiro da súa vila en vestir a camisa azul.

Represor.

Testemuña de cargo no xuízo que levou á morte de Jesús Miñones Bernárdez, Pepe Miñones.

En agosto de 1936 nomeárono delegado de Orde Pública e alcalde de Muxía, adicándose á persecución política, física e social contra os republicanos e sindicalistas; no seu mandato rexistrouse no seu concello a maior dureza represiva.

Jesús Puertas acusou, detivo, denunciou e sancionou a moitos veciños; a outros arruinounos. No ano 1941 abríronlle un expediente polas irregularidades que cometera en abastecementos, negociando con estes produtos no mercado negro e no seu propio beneficio; suspendérono de emprego e soldo e relevárono na xefatura local de Falanxe, expulsárono do partido e multárono, no ano 1942, con 10.000 pesetas.

Con todo, declarárono insolvente, pasou 30 días na Prisión Provincial da Coruña e con iso rematou todo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha