← Volver atrás

Miñones Bernárdez, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Aldraxado. Sancionado. Exiliado

Nacemento:

Corcubión
(A Coruña)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bos Aires
(República Arxentina)

Biografía

Perito mercantil, 34 anos. Casado e con varios fillos. Veciño de Corcubión. Irmán de José Miñones Bernárdez, fusilado e de Manuel Miñones Bernárdez, exiliado. Cónsul da República Arxentina. Empregado de banca. Jesús e Manuel eran os propietarios da Casa de Banca Manuel Miñones Barros en Corcubión.

Encarcerado. Aldraxado. Sancionado. Exiliado.

Preso dos franquistas en Corcubión e encarcerado nesta localidade.

Acusado polos dereitistas locais de atoparse co grupo de persoas, que se achaban na praza do pobo o día 25/07/1936, cando chegaron as forzas golpistas da Garda Civil e dos falanxistas, mandadas polo tenente Rodrigo Santos Otero, para “pacificar” a localidade; localidade que estaba en total calma e de festividade.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión (desobediencia aos bandos), na causa 667/36, co resultado de sentenza de sobresemento.

Sancionárono os franquistas cunha multa e aldraxárono.

Exiliouse en 1938 en Bos Aires por mor da persecución á que o someteron e temendo o que xa lle pasara ao seu irmán José.

Pasou a Lisboa e embarcou no vapor Monte Sarmiento, chegando a Bos Aires o día 04/05/1938; despois seguírono a súa muller e os seus fillos.

Morreu no exilio, como o seu irmán Manuel.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha