← Volver atrás

Ramos Alfageme, Julio

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Funcionario. Xefe de negociado de 1ª clase no Goberno Civil da Coruña desde abril de 1936.

Colaboracionista.

Cando se produce a sublevación militar formou parte das testemuñas da acusación contra os dirixentes republicanos detidos na cidade polos sucesos dos días 19 a 22 de xullo. Acusou a Manuel Vázquez González, conserxe do local de Esquerda Republicana (ER) de ter entregado armas ás persoas concentradas no edificio do Goberno Civil.

En novembro de 1939 substituíu, de xeito interino, como gobernador civil a Julio Muñoz Rodríguez de Aguilar, ao que nomearan xefe da Casa Civil do Xefe do Estado, Francisco Franco Bahamonde. Julio Ramos era entón un alto funcionario desta entidade.

Un dos problemas urxentes era entón o da loita contra o mercado negro de alimentos (contrabando), que prometeu perseguir con intensidade a base de penas económicas e cárcere.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña por conduta irregular na causa 36/40.

Foi un cazador cazado. Despois da publicación da Ley do día 30/09/1940, que crea a Fiscalía Superior de Taxas, sometérono a consello de guerra; o fiscal solicitou neste procesamento a pena de 20 anos polo delito de auxilio á rebelión (por accións contra a economía do país); un ano, un mes e un día por aceptar subornos (suborno); 50.000 pesetas de multa e dous anos, un mes e un día por malversación de fondos e outras 25.000 pesetas de multa e inhabilitación para exercer cargos públicos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha