← Volver atrás

Requeijo Rouco, Perfecto

Alcume: o Tarrelo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

San Xoán de Romariz, Abadín
(Lugo)
- 01/01/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 16 anos. Emigrante retornado de América.

Fuxido. Encarcerado.

Detido pola Garda Civil de Mondoñedo en outubro de 1942, con Francisco Requeijo Anello, acusados dun roubo de 2565 pesetas e dous reloxos no domicilio de Pedro Prieto Vidal, de Romariz, o día 14/04/1942.

Xulgados consello de guerra en Lugo, o día 14/04/1943, condenáronos a prisión.

Era o lugartenente e número dous de Roberto Alonso Díaz, o Barbas, nun grupo guerrilleiro independente que tiña a súa base na Serra de Meira, que actuaba entre Mondoñedo e Vilalba e que nalgunhas ocasións acompañaron a Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos.

En outubro de 1946 a Benemérita descubriu varios apoios do seu grupo en Abadín, coa detención de nove persoas, entre guerrilleiros e enlaces. Roberto fuxiu a Lugo, onde o arrestaron en xaneiro de 1948 por mor dunha delación; sometérono a torturas para que revelase onde se agochaba a súa partida e logo matárono.

Coa información obtida puideron deter a Perfecto Requeijo Rouco e a tres enlaces en Vilalba.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha