← Volver atrás

Rey Díaz, José

Alcume: Torradas
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Porto do Cabo, San Martiño de Vilarrube, Valdoviño
(A Coruña)
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Román de Montoxo, Cedeira
(A Coruña)
- 20/03/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 19 anos. Veciño de Vilarrube. Irmán de Manuel Rey Díaz, procesado e capturado por milicianos de Cerdido, o día 03/01/1938, nunha cova onde se agochaban. José logrou fuxir.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Formou nun grupo de fuxidos na zona da Capelada, entre Cerdido e Cariño. Neste grupo estaban: José Rey Díaz, Torradas, morto en marzo de 1938; Nicasio Pérez Senra e José López Teijeiro, abatidos tamén en marzo de 1938; Manuel Orjales Bouza, Labrada, e Andrés Brañas Rodríguez, Carrizo, detidos en decembro de 1938 e condenados á pena de morte, e Manuel Santalla Orjales, detido en marzo de 1939. A súa única pretensión era a supervivencia.

Xulgado consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 23/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

No sinalado procedemento condenaron á pena de morte a: Manuel Orjales Bouza e Manuel Santalla Orjales; pasearon a José Ambrós Gordillo; declararon fuxido a José Rey Díaz e ditaron sentenza de sobresemento para Manuel Rey Díaz.

Morte rexistrada en Cedeira por disparos da Garda Civil cando formaba parte dunha partida de fuxidos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha