← Volver atrás

Rico Rodríguez, Generoso

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Asasinado

Nacemento:

Santiago de Vilaoudriz, A Pontenova
(Lugo)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mineiro. Veciño de Goios, Sagrado Corazón da Pontenova, A Pontenova. Traballou como mineiro en Santa Cruz del Sil, Páramo del Sil (León).

Fuxido. Asasinado.

Co golpe militar foxe ao monte e agóchase nas fragas do Rego Couso, entre Conforto e Labradas, na Pontenova. Enlazou con outros guerrilleiros como Justo Novo Verdes, o Novo. Creou unha ampla rede de apoios e unha boa infraestrutura de refuxios.

Asestaron varios golpes económicos en San Paio, San Xulián de Vilaboa, e Saldoiriña, Santa María de Conforto, ás dúas do concello da Pontenova.

Acusárono da morte o día 12/08/1939 do cura de Santa María de Veiga de Logares, A Fonsagrada (Lugo) e da do mestre falanxista de Sanxés, San Pedro de Bogo, A Pontenova, Hermenegildo-Bienvenido Alonso Sastre o día 28/12/1939, quen fora o delator de José-María Díaz Díaz-Villamil.

A Generoso asasinouno, en xaneiro de 1940, o seu enlace máis destacado, Ramón Braña Sánchez, o Xequi, por entender que mantiña unha relación extra-matrimonial coa súa dona.

Ramón soterrouno ilegalmente; a Garda Civil atopou o seu cadáver en xuño do ano 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha